Axudas para actividades de promoción e dinamización comercial 2023 no Concello de Santiago de Compostela

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Axudas para actividades de promoción e dinamización comercial 2023 no Concello de Santiago de Compostela

Convocatoria: Pechada

Data de publicación: 18/05/2023

Prazo entrega solicitudes: Inicio 19/05/2023 Fin 02/06/2023

información, ligazóns e consultas

Bases da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

BDNS(Identif.):694612

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a de a Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/ge/es/convocatoria/694612)

BASES DA CONVOCATORIA DAS SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN E DINAMIZACIÓN COMERCIAL NO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 2023

Entidades beneficiarias

Poderán resultar beneficiarias as asociacións de comerciantes ou entidades representativas de pequenas e medianas empresas comerciais legalmente constituídas, de carácter local, sen fin de lucro e que reúnan ademais os seguintes requisitos:

– Que o seu ámbito de actuación sexa eminentemente local, referido ao municipio de Santiago de Compostela.
– Que conten cun mínimo de 15 establecementos asociados.
– Que o 60% dos seus establecementos asociados pertenzan ao sector comercial. Na aplicación desta porcentaxe non se terán en conta os decimais. Considérase que pertencen ao sector comercial aqueles establecementos encadrados nalgunha das epígrafes empresariais recollidas no anexo IV.
– Ter a súa sede social no municipio de Santiago de Compostela.
– Non estar integradas por empresas comerciais que operen en mercados municipais suxeitos a concesión administrativa.

Os requisitos deben cumprirse no momento da presentación da solicitude.

Lugar e prazo de presentación

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e contarase desde o día seguinte ao da publicación
desta convocatoria no BOP. O envío das bases ao BOP terá lugar por conduto da Base da Datos nacionais de subvencións.

Lugar de presentación

1. A solicitude asinada pola persoa que represente legalmente a entidade solicitante, dirixiranse á Alcaldía do Concello
de Santiago de Compostela e presentarase necesariamente a través da sede electrónica do Concello de Santiago (sede.
santiagodecompostela.gal) mediante o trámite “Solicitude de subvención” dentro do catálogo de trámites dispoñible. O
formulario a empregar é o Solicitude CS006.
2. A solicitude acompañarase da documentación especificada no punto 6º.2 destas bases.

Entradas relacionadas