Máis de 10.000 persoas beneficiaránse dos Bonos Corazón, esgotados en pouco máis de 9 horas

Captura (1)

11/11/2024 Os Bonos Corazón quedaron esgotados o venres en pouco máis de 9 horas despois de que se habilitara a súa descarga na web bonoscorazoncompostela.gal. Un total de 10.642 persoas descargaron 22.500 bonos, que se poderán utilizar ata o 04 de decembro. A convocatoria permitirá mobilizar máis dun millón de euros no comercio e na hostalería locais.

A convocatoria dos Bonos Corazón xerou unha enorme expectación, e en pouco máis de 9 horas quedou esgotado o orzamento de 450.000 euros destinado ao programa. A destacar que dende que empezou a prazo para adherirse a campaña o nivel de participación de establecementos de comercio e hostalería ascende a máis de 440 establecementos. O prazo de adhesión finaliza o 22 de novembro.

Este ano ao igual que na última campaña ,todos os bonos dispoñibles eran de 50 euros e podíanse adquirir un máximo de tres por persoa.

En cada un dos bonos, a persoa consumidora achega o 60% do importe, e o 40% é o que corre a cargo do Concello. Desta maneira, unha persoa que descargara tres bonos de 50 euros, abonou 90 euros, e os outros 60 son a achega municipal. Os Bonos Corazón poderánse utilizar nunha ou varias compras ata o 4 de decembro, e a partir desa data os bonos non trocados caducarán.

Entradas relacionadas