Axudas á transformación dixital das pemes para o ano 2024, susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Axudas á transformación dixital das pemes para o ano 2024, susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 25/04/2024

Prazo entrega solicitudes: Inicio 26/04/2024 Fin 27/05/2024

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Consellería de Economía, Industria e Innovación

Instituto Galego de Promoción Económica – Igape

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Fax: 981558844

Email: informa@igape.es

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2024 pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á transformación dixital das pemes para o ano 2024, susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

Créditos

Os créditos dispoñibles para concesións aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Convocatoria

Partida orzamentaria

Ano 2024

Ano 2025

Total

Liña IG240 Axudas: proxectos tipo 1 (<50.000,00 €)

09.A1.741A.7700

50.000,00 €

1.450.000,00 €

1.500.000,00 €

Liña IG240 Axudas: proxectos tipo 2 (entre 50.000 € e 120.000,00 €)

09.A1.741A.7700

25.000,00 €

1.475.000,00 €

1.500.000,00 €

Liña IG240 Axudas: proxectos tipo 3 (>120.000,00 €)

09.A1.741A.7700

25.000,00 €

1.975.000,00 €

2.000.000,00 €

Total

100.000,00 €

4.900.000,00 €

5.000.000,00 €

Entidades beneficiarias

As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), de calquera sector de actividade económica incluído no ámbito de aplicación do devandito regulamento, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo aos empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto.

Lugar e prazo de presentación

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e será de un mes contado desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o devandito prazo dun mes.

Lugar de presentación

As solicitudes poden tramitarse por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, procedemento IG300C

Entradas relacionadas