A carballeira de Conxo encheuse de festa na IV edición do Banquete

IV-Festa-do-Banquete-de-Conxo

15/05/2023 A Festa do Banquete de Conxo congregou un ano máis centos de composteláns e compostelás o venres 12, o sábado 13 e o día grande, o domingo 14, cando se conmemorou o orixinal banquete do 2 de marzo de 1856 cunha xornada festiva e alegre na carballeira de Conxo que durou dende a mañá ata ben pasada a tarde. Teatro, música, artesanía e moito máis encheron os tres días de festa. Ao evento asistiron o alcalde e membros da Corporación municipal.As actividades comezaron co desfile de obreiros e artesáns dende a praza do Toural a Conxo, para asistir ao pregón a cargo dos veciños de Sar e de
O día grande da festa, o domingo 14 de maio, arrancaou co desfile “Alá van estudantes e artesáns” que partiu da praza do Toural e percorreu as rúas de Compostela baixo a coordinación artística dos Quinquilláns, ata chegar á praza de Conxo, onde Xosé Lois Mouriño Couto e Lucía Perez Lemos se encargaron da lectura do pregón. A continuación a comitiva dirixiuse á carbarlleira de Conxo onde se fixo unha representación teatral do Banquete para dar paso ao tradicional xantar e romaría popular cos brindes de veciños e veciñas.

Pola tarde celebrouse “O serán da Fraternidade”, unha foliada que estivo amenizada pola música e bailes tradicionais de Os Fondaos do Pífaro, Grupo da A.C. Devagariño, Asociación de mulleres Recandea e Muiñeiros de Sarela, seguido polo pregón de despedida da Festa, a cargo de Quique Alvarellos.

Algunhas das novidades para este ano foron a implicación activa das agrupacións e asociacións do barrio de Sar e da parroquia de Villestro e tamén un posto de asesoramento e aluguer de complementos propios da vestimenta acaída do século XIX para estudantes, artesáns, obreiros, fidalgos, crego…

Mercado do Libro e da Artesanía

Todo isto veu acompañado do Mercado do Libro e da Artesanía na praza de Aurelio Aguirre, no que participaron un total de 17 expositores. Ademais, o mercado completouse con numerosas actividades para a cativada, así como con xogos populares no horario do mercado.

Entradas relacionadas