A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades”
04/12/2024
Que libro lle regalarías a unha muller que está en prisión? Non se trata só dun libro, senón dunha mensaxe, dunha conexión, dun apoio emocional con mulleres que se atopan nunha situación de grande vulnerabilidade.
Neste carrusel aportamos información sobre as difíciles condicións que afrontan as reclusas. Sabías que en España só hai 3 prisións exclusivas de mulleres? O resto son módulos de mulleres de tro de prisións de homes, sen recursos específicos para elas. Sabías que padecen enfermidades mentais a unha taxa alarmante?
Cada libro, cada mensaxe personalizada, pode facer moito máis do que imaxinamos. Consulta os puntos de recollida dispoñibles e únete a esta acción solidaria para ofrecer refuxio, reflexión e esperanza a quen máis o precisa.
Grazas por ser parte desta iniciativa!!
03/12/2024
Este mes en #12comercios12sensibilidades as protagonistas son as mulleres que están no cárcere, unha realidade que nos achega @quenllascq a través da iniciativa @alasolvidadas .
Como poder participar nesta colaboración solidaria?
Escolle un libro especial, feminista e de actualidade, ese que che cambiou a vida ou che fixo sorrir.
Escribe unha dedicatoria dende o corazón (ten que ser moito máis que un “espero que te guste”)
Entrégao en Quenlla SCQ antes do 18 de decembro, ou nalgún dos puntos de recollida habilitados (@maravallaxabons@joyeriajoseantonio@latiendademariasantiago@atmosfera.sport_compostela@xaquinpapeleria@creativasgalegas , entre outros)
Este pequeno xesto pode significar un mundo para quen o reciba. Axúdanos a levar cultura, apoio e humanidade alí onde máis se precisa!
O comercio de Santiago amosa a súa cara máis solidaria co proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades”
01/12/2024 Unha ducia de comerciantes de Santiago veñen de xuntarse nun novidoso proxecto que ten como obxectivo darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias. Baixo o nome “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, a iniciativa permitirá tamén favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude
A través de “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, doce establecementos de Santiago darán a coñecer outras tantas entidades sociais e solidarias ao longo de todo o ano. Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charflas ou obradoiros.
Este mes de decembro, a campaña #12comercios12sensibilidades chega á súa última parada do ano cunha colaboración moi especial: @quenllascq únese á iniciativa @alasolvidadas, que ten por obxectivo dar visibilidade e apoio ás mulleres presas, un colectivo totalmente invisible na nosa sociedade. Organizada pola asociación @tetayteta, unha asociación sen ánimo de lucro pero con ánimo de reivindicar liberdade feminina a través da creatividade e o activismo. Levan libros dedicados pola xente ás mulleres das prisións, dende que comenzaron levan entregados preto de 11.000 libros. Libros para evadirse pero tamén para xerar reflexión e debate ao redor dun colectivo invisible para a sociedade e discriminado polo sistema penal porque son minoría.
As dedicatorias son a esencia da iniciativa, o abrazo, o creo en ti, o espéroche fóra, a demostración de que alguén pensou nelas. Pararse a escribir unha dedicatoria crea un vínculo con elas e no vínculo, está a forza. O cárcere deshumaniza moito e as dedicatorias dalgunha maneira devolven algo desa humanidade. Canto máis longa é a dedicatoria, máis longo é o abrazo. Actualmente a convocatoria está pechada, esperan abrir outra pronto.
En Quenlla SCQ, na rúa das Ameas, no Mercado de Abastos C25-26, poderemos atopar un stand informativo de A las Olvidadas para dar apoio a esta entidade. Quenlla SCQ, aposta desde hai case 12 anos polo deseño, os complementos e a ilustración de autoras e autores galegos ou vencellados coa nosa terra. Quenlla SCQ, é unha pequena tenda de deseño, onde poderedes atopar dunha ampla selección de bixutería e complementos, artigos de decoración, roupa infantil, enxoval de fogar, produtos galegos etc. Quenlla SCQ é o recuncho coa maior concentración de deseño por metro cadrado de toda Galicia e parte do universo… Onde acharedes complementos e obxectos orixinais, desde pendentes a fotos, cuncas e moitas cousas bonitas máis.
Ao longo deste mes de decembro, realizarase unha recollida de libros dedicados para achegalos a estas mulleres co ánimo de ofrecerlles refuxio, reflexión e esperanza.
Recordarvos que está foi a derradeira cita do calendario de 12 Comercios, 12 Sensibilidades, moitas grazas a todas as persoas que participaron e que fixeron posible esta campaña coa que se pretendeu dar visibilidade aos comercios locais e apoiar as diversas causas das entidades solidarias que colaboraron nesta iniciativa.
Reflexión:
A campaña 12 comercios, 12 sensibilidades puxo de relevo a importancia de apoiar a estas pequenas e medianas empresas (Pemes) que desempeñan unha economía local e ofrecen produtos e servizos únicos, xeran emprego e promoven un sentido de pertenza a unha comunidade, a compostelá. As Pemes son a alma de Compostela, xa que non só ofrecen bens e servizos de calidade, senón que tamén crean un ambiente acolledor e próximo para a veciñanza. Ao visitar estes comercios, a clientela non só atopa o que necesita, senón que tamén establece relacións persoais coas persoas empresarias e empregadas, creando un lazo de confianza e lealdade mutua. Dende Comercio, o noso recoñecemento á valentía e o esforzo dos comerciantes locais que traballan día a día por sacar adiante o seu negocio e que coa súa paixón e dedicación marcan a diferenza na nosa comunidade, son o motor da economía local. Este proxecto remata o ano demostrando que o comercio local pode ser tamén un motor de cambio social. Cada xesto conta para fortalecer o tecido empresarial de Compostela, dende aquí poñemos o noso gran de area.