Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” protagonistas no mes de outubro

Departamento de comercio2

A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades”

16/10/2024

#SORTEO!!! 🎉 No marco da campaña #12Comercios12Sensibilidades, temos un novo sorteo! Esta vez, da man da Obra Social Pediatría e EscondiT, podes gañar un lote de produtos solidarios!!!

COMO PARTICIPAR:

1️⃣ Segue as contas de Instagram de: 12 Comercios 12 SensibilidadesObra social Pediatría e Escondi T👆

2️⃣ Dálle a “me gusta” a este post ❤️

3️⃣Menciona a unha amiga ou amigo nos comentarios (podes participar tantas veces como queiras nomeando persoas diferentes). 💃🕺

🫂 Comparte este post en stories para que máis xente coñeza esta iniciativa solidaria do comercio local de Santiago de Compostela! 🤗

INFO:

🎁 A recollida do premio farase no establecemento EscondiT.

📅 Pódese participar ata o 30 de outubro.

🎯 O sorteo realizarase o 31 de outubro mediante un software específico.

Sorteo exclusivo para Instagram. Moita sorte! 🤞🍀✨

11/10/2024

🎲 Na tarde de onte, as crianzas disfrutaron dunha xornada de xogos de mesa educativos no @escondi.t da man de @brazolinda_xogos, organizado coa finalidade de dar visibilidade á @obrasocialpediatria Foi un día cheo de risas, aprendizaxe e, sobre todo, moita diversión! 🪁

✨ Coa maxia do xogo, as persoas e cativada asistente aprenderon a traballar en equipo, resolver problemas e desenvolver a súa creatividade.

🤗 Moitas grazas a todas as familias que se achegaron a participar neste taller.

🥰 E por suposto estamos moi agradecidas a Irimia – creadora de #Brazolinda– pola súa boa disposición para sacar adiante esta actividade, pola súa implicación e bo facer. É todo un luxo asistir a un taller de xogos impartido pola propia creadora e poder ver en primeira persoa o mimo e coidado co que traballa 💜.

ℹ️ A campaña #12comercios12sensibilidades une cada mes un comercio local cunha iniciativa solidaria con impacto na nosa cidade, e conta coa colaboración de @comerciostgo@concellosantiago

A

09/10/2024

😍 @obrasocialpediatria realiza unha importantísima labor tanto de investigación coma de coidados para facer máis levadeiro o día a día dos nenos e nenas ingresados na planta de pediatría do #CHUS, o Hospital de Santiago de Compostela.

👉🏻 Por iso Sandra do @escondi.t tivo clarísimo que participaría en #12comercios12sensibilidades dando difusión a esta entidade coa que colabora desde hai anos.

💜 Ao longo de todo o mes de outubro, conta cun punto informativo e de venda de produtos solidarios na súa tenda, e organiza varios talleres de balde dirixidos a crianzas e familias. Reservade canto antes a vosa praza!!! Achégate ao #EscondiT!!!!

04/10/2024

📆 A colaboración solidaria de outubro entre @escondi.t e @obrasocialpediatria ven cargadiña de actividades para crianzas de familias. 🥳 Tomate nota das datas!

💜 Xoves 10, 17.30 h: XORNADA DE XOGOS DE MESA EN FAMILIA con @brazolinda_xogos

💚 Xoves 17, 17.30 h: TALLER DE EMOCIÓNS PARA PEQUES con Ánxela Delgado.

🧡 Xoves 24, 17.30 h: CONTACONTOS con Julia Pereira.

❤️Luns 28, 17.30 h: TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS para crianzas e adultas, con Montse Berrocal, Montse López e Susana Rey.

👉🏻 Ollo! Prazas limitadas!! Reserva a túa contactando con Sandra en EscondiT ✅.

ℹ️ Aproveitamos para lembrar que ao longo de todo o mes está dispoñible un punto informativo e de venda de material solidario na xoguetería ubicada na rúa Rosalía de Castro nº1.

🤗 Entre todos conseguiremos debuxar un sorriso nos nenos e nenas da planta de pediatría do CHUS 👌🏻.


Actividades a desenvolver no mes de outubro
Información xeral das actividades
O comercio de Santiago amosa a súa cara máis solidaria co proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades”

01/10/2024 Unha ducia de comerciantes de Santiago veñen de xuntarse nun novidoso proxecto que ten como obxectivo darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias. Baixo o nome “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, a iniciativa permitirá tamén favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude

A través de “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, doce establecementos de Santiago darán a coñecer outras tantas entidades sociais e solidarias ao longo de todo o ano. Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charflas ou obradoiros. 

O programa neste mes de outubro vai estar marcada pola unión entre o mundo do xogo educativo e o apoio ás nenas e nenos hospitalizados. Escondi T únese á  Obra social Pediatría do CHUS para axudar a mellorar a vida das familias e das crianzas que teñen que estar de visita no hospital por algunha doenza. Baixo o lema «Coidamos dos nenos. Investigamos polos nenos», Obra Social Pediatría ten como obxectivo conseguir achegar a investigación de vangarda ao paciente individual, nun servizo asistencial que combine a mellor atención sanitaria cos valores de humanización no camiño da excelencia, a través dun traballo colaborativo multidisciplinar que implique tamén a estreita colaboración con outros axentes públicos e privados. 
O equipo humano do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela está comprometido coa excelencia asistencial centrada na rapazada, pero non limitada aos mellores coidados médicos, senón á asistencia integral do paciente pediátrico e os seus familiares. Polo tanto, prestan asistencia á rapazada, pacientes de 0 a 16 anos, e os seus familiares obrigados a prolongar a súa estancia no Hospital (en consultas externas, en urxencias pediátricas, os ingresados en planta de hospitalización, en UCI pediátrica ou os que se atopan en réxime de hospital de día). As accións reflectidas no proxecto facilitan a posibilidade de soportar con maior dignidade situacións tan complexas como as que supón afrontar unha enfermidade crónica, terminal ou moi grave dun ou dunha menor de idade.

En Escondi T, en Rosalía de Castro número 1 poderemos atopar un stand informativo de Obra social Pediatría para dar apoio a esta entidade. Con máis de 20 anos no mercado, Escondi T consolidouse como un dos referentes na cidade cando se trata de atopar ese agasallo especial para os máis pequenos e non tan pequenos, porque o xogar non ten idade. Escondi T, está a vosa disposición tanto como unha xoguetería educativa especializada en material de apoio e aprendizaxe así como para poñer ao voso servizo un espazo para xogo en familia no que desenvolver a creatividade e a aprendizaxe, tamén organiza torneos de xadrez, talleres, charlas, actividades divulgativas etc. Educación especial.

Prestade atención ás nosas redes sociais, pronto desvelaremos todas as actividades previstas no marco desta marabillosa colaboración.

Os comercios participantes informarán das actividades de cada unha das entidades solidarias a través de diferentes iniciativas como poden ser charlas, distribución de material, ou exposicións. Tamén poderá haber recadación de fondos para as asociacións, a través da venda de produtos vinculados con elas. Como atractivo engadido, poderá haber diferentes vantaxes para a clientela dos establecementos como descontos, agasallos ou sorteos.

Recordámosvos as próximas citas do calendario de 12 Comercios, 12 Sensibilidades 👇
 
📅 Novembro
 
📅 Decembro
 
 

Entradas relacionadas