Parabéns a Talleres Cholo no seu 50 aniversario

Departamento de comercio2

09/06/2024

🙌O concelleiro de Economía e Facenda, Manuel César Vila, acompañado por membros da corporación municipal, participou esta mañá no 50 aniversario de Talleres Cholo. Parabéns por este medio século de vida empresarial👌

Talleres Cholo nace no ano 1975 traballando ininterrompidamente no sector mecánico. Desde os seus inicios, Talleres Cholo S.L estivo á vangarda da reparación de vehículos, ofrecendo unha gran variedade de servizos, destacando os traballos propios de reparación e mantemento de vehículos industriais, traballos de chapa e pintura, realizando revisión de tacógrafos e limitadores así como a venda de todo tipo de pezas de recambios.

A finalidade de ofrecer un abanico tan variado de servizos é a de dar a máxima calidade ao cliente e obter o seu maior grao de satisfacción. Para iso contamos coa implantación e certificación dun sistema de calidade segundo as norma ISO 9001:2015 e ISO 14001:2015, e a certificación de tacógrafos dixitais segundo a norma UNE 66102:2019, como servizo oficial Continental VDO.

Talleres Cholo atópase autorizada pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia con nº de rexistro: E9A15006.

Entradas relacionadas