Ficha da subvención
Denominación
Subvencións do programa de comercio circular 2023
Convocatoria: Pechada
Data de publicación: 08/09/2023
Prazo entrega solicitudes: Inicio 09/09/2023 Fin 09/10/2023
información, ligazóns e consultas
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
San Caetano. Bloque 5. 3ª Planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545554/ 881995529/ 981545599/ 981545548
Email: cei.dxc.axudas@xunta.gal
Teléfono desde o resto do Estado: 902120012
Solicitude a través da Sede Electrónica
RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
ORDE do 16 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións do programa de comercio circular e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300D)
BDNS (Identif.): 714338.
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Industria e Innovación para a execución de proxectos do programa de comercio circular (código de procedemento CO300D).
Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas subvencións para o ano 2023.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
1.1. Comerciantes retallistas:
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que teñan a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño), incluídas as persoas en situación de autoemprego.
Para a consideración de pequena e mediana empresa, observarase o disposto na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE nº L 124/36, do 20 de maio de 2003), e para estes efectos establecerase que:
Categoría de empresa | Persoal: unidades de traballo anual | Volume de negocio anual (€) | Balance xeral anual (€) |
Micro | < 10 | ≤ 2 millóns | ≤ 2 millóns |
Pequena | < 50 | ≤ 10 millóns | ≤ 10 millóns |
Mediana | < 250 | ≤ 50 millóns | ≤ 43 millóns |
c) Que estean dadas de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que esta constitúa a actividade principal.
No suposto de que nun mesmo establecemento comercial se realicen actividades comerciais subvencionables con outras non subvencionables, a persoa solicitante deberá acreditar mediante declaración responsable que a actividade comercial subvencionable é a principal.
1.2. Obradoiros artesáns:
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
1.3. Asociacións de comerciantes:
Que teñan a condición de centro comercial aberto ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300A) (DOG número 28, do 9.2.2023).
En todo caso, as asociacións de comerciantes deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e estar ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola Xunta Directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.
Lugar e prazo de presentación
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Lugar de presentación
Sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento CO300D)