Bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética,dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2023

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética,dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2023

Convocatoria: Pechada

Data de publicación: 24/01/2023

Prazo entrega solicitudes: Fin 29/06/2023

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Dirección InegaXerencia do Inega

Rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5 – San Lázaro
15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)
Teléfono: 981541523
Email: inega.info@xunta.gal
http://www.inega.es

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Resolución de 29 de xaneiro de 2024 pola que se lle dá publicidade ás axudas concedidas

Convocatoria aberta ata o 29/06/2023

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2023 (código de procedemento IN417Z).

1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos do sector servizos dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (código de procedemento IN417Z).

2. Convócanse para o ano 2023, en réxime de concorrencia non competitiva, segundo o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións para a mellora enerxética (en adiante, Bono enerxía peme). As solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases tramitaranse e resolveranse por orde de entrada da solicitude no rexistro, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión das axudas.

Xustifícase a excepcionalidade porque nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial en promover proxectos que fomenten un mellor uso da enerxía e contribúan a reactivar sectores de actividade fortemente afectados polas restricións derivadas da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 e actual carestía dos produtos enerxéticos que, cumprindo os requisitos especificados nas presentes bases, se poidan levar a cabo en Galicia. Así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que os proxectos subvencionables poidan ser atendidos en todo momento, mantendo a posibilidade de solicitude aberta de maneira continuada.

3. As presentes axudas destinadas a empresas incardínanse no réxime de axudas de minimis, establecido no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis; no Regulamento (UE) núm. 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola, e no Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xullo, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.

Neste caso deberase garantir que, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector do transporte de mercadoría por estrada, este límite redúcese a 100.000,00 euros. Para as empresas do sector da pesca, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar os 30.000,00 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000,00 euros durante calquera período de tres exercicios.

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:
Sector servizos-sección CNAE 2009                                                                                                     División
Sección G: comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas.        45 a 47
Sección H: transporte e almacenamento.                                                                                             49 a 53
Sección I: hostalería.                                                                                                                            55 a 56
Sección J: información e comunicacións.                                                                                              58 a 63
Sección K: actividades financeiras e de seguros.                                                                                   64 a 66
Sección L: actividades inmobiliarias.                                                                                                     68
Sección M: actividades profesionais, científicas e técnicas.                                                                  69 a 75
Sección N: actividades administrativas e servizos auxiliares.                                                             77 a 82
Sección P: educación.                                                                                                                        85
Sección Q: actividades sanitarias e de servizos sociais.                                                                    86 a 88
Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento.                                                      90 a 93
Sección S: outros servizos.                                                                                                             94 a 96

2. Os requisitos para obteren a condición de beneficiarios deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Lugar e prazo de presentación

Forma e prazo de presentación de solicitudes:

1. As solicitudes subscribiranas directamente os interesados ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

2. O prazo de presentación das solicitudes comeza ao día seguinte ao da publicación de esta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 29 de xuño de 2023.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega.

Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.

Prazo para a execución da instalación:

A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 2 de outubro de 2023.