Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D)

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D)

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 18/02/2026

Prazo entrega solicitudes: Inicio 19/02/2026 Fin 18/03/2026

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Relacións Laborais

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral

Edificio Administrativo San Lázaro

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544615

Email: relacionslaborais.emprego@xunta.gal

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, para o ano 2026, en réxime de concorrencia competitiva, axudas e incentivos a pemes e a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo para implantar a igualdade laboral, código de procedemento administrativo TR357C, adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, código de procedemento administrativo TR357D, así como implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE), código de procedemento administrativoTR357B, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán ser subvencionables as accións para as cales se concede a axuda ou incentivo que se realicen entre o día 1 de xaneiro de 2026 e ata a data de final do prazo de xustificación das actividades establecido no artigo 35.

Esta orde de convocatoria estrutúrase en tres liñas de axudas:

Liña I: elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C) nos termos definidos no capítulo III do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Liña II: conciliación (TR357D) que, pola súa vez, comprende tres subliñas:

Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.

Subliña II. 2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria: incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.

Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.

Liña III: certificacións de RSE (TR357B). Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: Empresa Familiarmente Responsable-EFR (conciliación); Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Global Compact (Pacto Mundial); ISO 37301; SGE 21; Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente); ISO 16064; UNE-ISO 21401; ISO 50001; SA 8000, IQNet SR10, BEQUAL (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable, así mesmo, selo horarios racionais (SHR) e certificación en benestar laboral.

Entidades beneficiarias

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.

As entidades sen ánimo de lucro poderán presentar solicitude para a liña I, para a subliña 1 e a subliña 2 da liña II e para a liña III.

No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49.

Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo dunha persoa traballadora, e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.

Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.

Lugar e prazo de presentación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Entradas relacionadas