Subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización do comercio local

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización do comercio local

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 07/02/2025

Prazo entrega solicitudes: Inicio 19/02/2025 Fin 19/03/2025

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Subdirección Xeral de Innovación e Ordenación Comercial

Edificio Administrativo San Caetano, s/n – Edificio nº 5, planta 3ª

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545599/ 981545548/ 981545915

Email: cei.dxc.axudas@xunta.gal

http://ceei.xunta.gal/portada

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 23 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización do comercio local, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CO300A).

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases (anexo I) polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinadas ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización do comercio local (código de procedemento CO300A).

Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2025.

2. A xestión destas subvencións realizarase polo procedemento de concorrencia competitiva, de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

3. Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito de 2.500.000,00 € financiado con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, que se imputará da seguinte forma:

Código de proxecto: 2015 00254
Tipo de axudaImporte
Programas de actividades de dinamización
comercial(artigo 5 das bases reguladoras)
2.250.000,00 €
1.250.000,00 €
Actuacións de dinamización extraordinarias
(artigo 7 das bases reguladoras)
250.000,00 €

4. Esta cantidade poderase incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento de crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Entidades beneficiarias

As agrupacións permanentes de comerciantes, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia e plena capacidade, legalmente constituídas baixo calquera forma xurídica, cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia e desenvolvan proxectos de dinamización e incentivación do consumo de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.

Lugar e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día 19 de febreiro de 2025. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Entradas relacionadas