A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025
O comercio de Santiago MOSTRA O SEU COMPROMISO SOCIAL coa volta do proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025
04/08/2025
Neste mes de agosto, a campaña 12 comercios 12 sensibilidades centrarase no feminismo e o antirracismo da man de dúas novas protagonistas: a libraría Lila de Lilith e a Casa Comunitaria Aluandé.
Aluandé é un espazo sociocultural autoxestionado no barrio de Cancelas que se define como “afrocéntrico e antirracista”. A través da súa actividade busca poñer en valor a cultura de matriz africana así como acompañar e acoller ás persoas racializadas, migradas e trans na procura de dignidade e liberdade.
Pola súa banda, Lila de Lilith é unha libraría feminista, especializada en temas de xénero. Desde a súa apertura na Zona Vella de Santiago en 2011, sitúase como un lugar de encontro e activismo.
Durante todo o mes de agosto, Lila de Lilith dará a coñecer no seu local o traballo da Casa Comunitaria Aluandé. Ademais, destinará o seu escaparate a visibilizar autoras negras e migrantes.
Coa iniciativa 12 comercios, 12 sensibilidades, que volve por segundo ano consecutivo tras o éxito da primeira edición, búscase dar visibilidade ao traballo de entidades solidarias ao tempo que se favorece o fluxo de persoas entre pequenos establecementos composteláns. Para iso, ao longo de todo o ano reúnese a doce comercios de Santiago e a doce entidades solidarias, que levarán a cabo unha colaboración durante un mes completo. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.
A campaña seguirá nos vindeiros meses coas seguintes colaboracións: