Subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización do comercio local, convocatoria 2026

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización do comercio local, convocatoria 2026

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 12/02/2026

Prazo entrega solicitudes: Inicio 13/02/2026 Fin 12/03/2026

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial

Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544530/ 981545557

Fax: 981545541

Email: dxc.axudas.comercio@xunta.gal

http://ceei.xunta.gal/portada

Desde o resto do Estado: 902120012

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 23 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización do comercio local, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CO300A).

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases (anexo I) polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinadas ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización do comercio local (código de procedemento CO300A).

Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2026.

2. A xestión destas subvencións realizarase polo procedemento de concorrencia competitiva, de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

3. Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito de 2.500.000,00 € financiado con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, que se imputará da seguinte forma:

Código de proxecto: 2026 00055
Tipo de axudaImporteAplicacións
Programa de actividades de dinamización comercial(artigo 5 das bases reguladoras)2.400.000 €14.06.751A.481.01
Actuacións de dinamización extraordinarias(artigo 8 das bases reguladoras)100.000 €

4. Esta cantidade poderase incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito cando o aumento veña derivado:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento de crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

5. No proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 existe crédito adecuado e suficiente para poder tramitar esta orde.

A tramitación desta orde queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, posto que se tramita por tramitación anticipada de gasto, ao abeiro da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, a cal establece que os expedientes de gasto se poderán iniciar, sempre que as necesidades que se teñan que satisfacer poidan ser razoablemente previstas anticipadamente, no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar, condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos xerais aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.

Así mesmo, segundo o establecido no artigo 5 da devandita orde, todos os actos de trámite ditados no desenvolvemento desta orde enténdense condicionados a que, unha vez aprobada a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento da súa produción.

Entidades beneficiarias

As agrupacións permanentes de comerciantes, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia e plena capacidade, legalmente constituídas baixo calquera forma xurídica, cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia a nivel municipal e desenvolvan proxectos de dinamización e incentivación do consumo de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.

Lugar e prazo de presentación

Artigo 2. Solicitudes

Para poder ser entidade beneficiaria da subvención deberá presentarse unha única solicitude dirixida á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo IV desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 9 das bases reguladoras.

No caso de presentar máis dunha solicitude, terase en conta a presentada en último lugar.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes a contar desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O último día de presentación de solicitudes finalizará ás 20.00 horas.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Entradas relacionadas