Ficha da subvención
Denominación
Bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas
Convocatoria: Pechada
información, ligazóns e consultas
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Emprego
San Lázaro, s/n15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544691
Email: subdireccion-xeral.emprego@xunta.gal
Convocatoria aberta ata o 29/09/23
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
ORDE do 10 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR349F)
Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:
1. Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
2. Bono de formación (opcional), por medio do cal se proporcionará unha subvención para accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orde, co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.
Prazo e lugar de presentación
O prazo para presentar solicitudes comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 29 de setembro de 2023.
Lugar: Sede electrónica da Xunta de Galicia, código de procedemento TR349F.