FORMACIÓN GRATUÍTA EN LIÑA DE INFORMÁTICA – HOSTALERÍA E TURISMO DE COMPOSTELA MONUMENTAL

Departamento de comercio2

01/07/2024

Asociación de Comerciantes, Empresarios y Profesionales CCA Compostela Monumental:

Sentes que a túa carreira profesional necesita un impulso? Gustaríache actualizar as túas habilidades para destacar no mercado laboral?

Non perdas esta oportunidade única!

Convidámosche a participar na nosa iniciativa de formación gratuíta, especialmente deseñada para profesionais como ti. Accede a unha ampla variedade de cursos 100% gratuítos e sen requisitos previos, e prepárache para mellorar a túa traxectoria profesional.

Que che ofrecemos?
Cursos de informática: Domina as ferramentas informáticas esenciais para optimizar o teu traballo e mellorar a túa produtividade.

  • Aplicacións informáticas Ofimática (Office 2016) 50Horas.
  • Programas de contabilidade 30Horas.
  • Venda en liña 30Horas.

e moitos máis 

Cursos de hostalería e turismo: Adquire as competencias necesarias para desenvolverche con éxito neste sector dinámico e cheo de posibilidades.

  • Inglés profesional para servizos de restauración  60Horas.
  • Técnicas de información e atención ao cliente/consumidor 60Horas.
  • Técnicas de servizo de alimentos e bebidas en barra e mesa 60Horas.

e moitos máis

A quen van dirixidos estes cursos?
A persoas traballadoras por conta allea e autónomas de calquera sector que desexen actualizar os seus coñecementos, mellorar as súas habilidades e aumentar as súas oportunidades laborais.

Quen non poden participar?
Lamentablemente, non poderán participar nesta iniciativa persoas desempregadas.

Que vantaxes ofrecen estes cursos?

  • Actualización de coñecementos e habilidades nun sector en constante evolución.
  • Mellora da empregabilidade e as oportunidades de promoción profesional.
  • Fortalecemento das competencias dixitais, cada vez máis demandadas polas empresas.
  • Oportunidade de especialización en áreas de gran interese para o mercado laboral.

Departamento de formación 

Asociación de Comerciantes, Empresarios y Profesionales CCA Compostela Monumental

José Ángel Blanco Núñez/Juan José Paradiñeiro López: 981575919 – 618283122

Rúa Algalia de Arriba 31

15704 Santiago de Compostela

E-mail: cca@compostelamonumental.es

Entradas relacionadas