16/07/2024 O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais presidiu a primeira xuntanza da mesa de traballo da Praza de Abastos, creada para reflexionar sobre o futuro e as mellores necesarias no mercado. Xan Duro explicou que “a de onte foi a primeira toma de contacto, e xa para setembro comezaremos a traballar tanto nas medidas de carácter máis inmediato como nas estratexias a medio e longo prazo para revitalizar a Praza de Abastos, e que siga sendo referente da alimentación e o produto fresco en Santiago”.A mesa de traballo da Praza de Abastos está constituída por dez representantes das diferentes naves do mercado, un representante da Unión de Consumidores de Galicia, outro do sector hostaleiro, e outra das entidades veciñais. Ademais, participan diferentes técnicos municipais e o propio concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais. Na xuntanza de onte, Xan Duro explicou que “despois desta primeira xuntanza na que se fixo unha primeira aproximación á situación actual da Praza de Abastos, para setembro empezaráse a traballar en dúas liñas, para acometer pequenas melloras máis inmediatas no mercado, pero tamén para empezar a pensar a longo prazo no futuro do mercado”. Neste sentido, o concelleiro insistiu en que “é preciso manter a identidade da Praza, pero tendo en conta que é preciso modernizar o mercado para chegar a nova clientela, e traballar tamén para garantir a supervivencia e o relevo xeracional nos postos da Praza de Abastos”.
Entradas relacionadas
20/02/2025 O Concello de Santiago, a través da concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, colabora coa…
A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025 03/02/2025 A semana pasada, Ramón Castro entrevistou a Curru de Cousalinda, comercio que…
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN ORDE do 15 de maio de 2023 pola que se establecen…
01/07/2024 Asociación de Comerciantes, Empresarios y Profesionales CCA Compostela Monumental: Sentes que a túa carreira profesional necesita un impulso? Gustaríache…
A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025 02/04/2025 ABRIL SOLIDARIO: SAÚDE, ECONOMÍA CIRCULAR E APOIO ABEIRATÚA Este mes, a campaña…
10/01/2024 Unha ducia de comerciantes de Santiago veñen de xuntarse nun novidoso proxecto que ten como obxectivo darlle visibilidade a outras…
CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN ORDE do 19 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras…
A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025 O comercio de Santiago MOSTRA O SEU COMPROMISO SOCIAL coa volta do proxecto…
A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025 O comercio de Santiago MOSTRA O SEU COMPROMISO SOCIAL coa volta do proxecto…
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑAServizo de Desenvolvemento Territorial e Transición EcolóxicaTexto consolidado do Plan Estratéxico de Subvencións 2020/2024 da Deputación Provincial…
23/08/2024 Na campaña informarase a pé de rúa sobre os múltiples atractivos e recursos cos que conta Compostela máis alá da…
25/09/2024 A tenente de alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participou hoxe…
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ORDE do 30 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras…
Santiago Centro pon en marcha o día 8 de xullo unha campaña de Rebaixas de verán que premia aos clientes…
O Museo das Peregrinacións acolle a exposición “Manuel Dávila, a pegada do oficio na vida”, organizada por Ourives de Compostela…