A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades”
31/08/2024
Agosto chegou ao seu fin, e estamos encantadas de compartir o resumo da iniciativa #12comercios12sensibilidades no comercio @maravallaxabons que colaborou co @refuxiodebando
Grazas a todas as persoas que se achegaron ao longo do mes de agosto á tenda na rúa das Orfas para facer doazóns de alimentos e doazóns económicas para axudar á protectora a coidar ainda mellor aos nosos amigos peludos .
E atención, que esta campaña solidaria do comercio local compostelán non para! Mañá comeza setembro cun novo comercio e unha nova oportunidade para apoiar proxectos que fan da nosa cidade un lugar mellor. Non o perdades!
27/08/2024
Entramos na recta final da colaboración solidaria de @maravallaxabons co @refuxiodebando
Ata o día 31 de agosto podes achegar ao establecemento a túa doazón, na Rúa das Orfas n⁰24 .
Durante o verán, aumentan as camadas de gatiños que precisan alimento e coidados. As túas doazóns fan posible que estes pequenos teñan máis oportunidades de medrar sans e atopar un fogar definitivo .
Lembra!! Se colaboras con Maravalla dentro da campaña #12comercios12sensibilidades, poderás participar no sorteo de 4 vales de 25€ para gastar en na tenda. A túa axuda conta!
23/08/2024
Outra forma de axudar ao @refuxiodebando é colaborar como #casadeacollida, tal e como nos ensina @maravallaxabons neste reel.
Esta opción é fundamental para aqueles animais que precisan un fogar temporal mentres medran e poden ser vacinados ou mentres se recuperan dunha enfermidade e reciben os coidados especiais que necesitan. Deste xeito, faise máis lixeiro o camiño ata que consiguen un fogar definitivo .
¿Sabías que a protectora faise cargo da alimentación dos animais acollidos?
#12comercios12sensibilidades: o comercio local dando visibilidade a iniciativas sociais con impacto na nosa cidade .
20/08/2024
Sabías que tamén se pode colaborar #apadriñando? Continuamos coñecendo o @refuxiodebando da man de @maravallaxabons.
Cunha cota anual, podes apadriñar un can e ir a pasealo e a acostumalo ao contacto con humanos dentro dunhas horas pactadas coa protectora.
14/08/2024
@maravallaxabons colle unhas ben merecidas vacacións ata o 25 de agosto, pero a colaboración solidaria co @refuxiodebando continúa .
Ata que volva a abrir, a súa veciña @cousalinda.modaycomplementos, ubicada na rúa das Orfas n⁰9, será a encargada de recoller as doazóns para a protectora .
#12comercios12sensibilidades é unha campaña do comercio local compostelán na que ao longo de 2024, cada mes unha tenda amadriña unha iniciativa solidaria con impacto na nosa cidade e dálle visibilidade .
13/08/2024
No @refuxiodebando contan cun área de hospitalización onde atopamos os animais que precisan recuperarse dalgunha doenza e tamén aqueles que por idade todavía non poden ser vacinados e precisan illamento.
@maravallaxabons está a dar visibilidade a esta protectora de animais ao longo de todo o mes de agosto, no marco da campaña #12comercios12sensibilidades, e tamén é un PUNTO DE RECOLLIDA DE DOAZÓNS (alimentos, transportíns, xoguetes…).
Entre as persoas que se acheguen a realizar unha doazón sortearánse 4 vales por valor de 25€ para gastar en Maravalla .
08/08/2024
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, e o edil de Sustentabilidade Ambiental e Dereitos dos Animais, Xesús Domínguez, visitaron esta mañá o establecemento “Maravalla”, protagonista este mes da campaña “12 comercios, 12 sensibilidades”. A tenda de cosméticos está a dedicar agosto a promocionar o labor do Refuxio de Animais de Bando. A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” foi impulsada por un grupo de mulleres comerciantes da cidade, en colaboración coa concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, co obxectivo de tecer rede e darlle visibilidade a diferentes entidades solidarias que traballan en Santiago. No marco desta iniciativa, cada mes é un establecemento o que difunde unha causa social ou solidaria, coa colaboración sempre das outras tendas participantes.
A concelleira María Rozas reiterou a súa satisfacción pola marcha “dunha campaña que nos volve demostrar que temos un tecido comercial do que sentirnos moi orgullosas, non só pola súa calidade senón tamén pola súa vocación de facer cidade, ademais colaborando con causas sociais e de cooperación”. A tenenta de alcaldesa salientou que “iniciativas coma esta permiten difundir o traballo das entidades sociais entre un público novo e moi heteroxéneo, ao tempo que tamén facilitan as sinerxias entre os diferentes establecementos comerciais”.
Apoio ao Refuxio de Bando
En agosto, a campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” chega a “Maravalla”, unha tenda especializada en cosmética natural situada na rúa das Orfas. A súa propietaria, Ana Porto, decidiu colaborar co Refuxio de Bando “divulgando o seu labor, promovendo a adopción responsable, e actuando como punto de recollida de comida de animais para doar ás instalacións”. O concelleiro de Benestar Animal, Xesús Domínguez, agradeceu a colaboración e aproveitou a visita para facer unha chamada “á tenza responsable de animais e á adopción de cans e gatos do Refuxio antes de pensar na compra”. No mesmo sentido se expresou a directora das instalacións de Bando, Olalla García, que explicou que “no Refuxio hai moitos animais que están buscando un fogar, pero hai outros xeitos de colaborar coas instalacións ben sexan as doazóns económicas ou de comida, ou as adopcións temporais”.
08/08/2024
Compartimos a entrevista realizada por Radio Líder Santiago a Ana Porto, xerente de Maravalla, e a Olalla García, directora do Refuxio de Bando, protagonistas da colaboración solidaria do mes de agosto da campaña 12 Comercios 12 sensibilidades. Ambas uníronse para fomentar o apoio aos negocios locais e a adopción responsable de mascotas, mostrando como a colaboración pode beneficiar tanto ás persoas como aos animais na nosa comunidade. Non perdas todas as novidades desta campaña, visita o Facebook para maior información #12Comercios12Sensibilidades.
07/08/2024
Ana Porto, xerente de @maravallaxabons ensínanos neste reel o @refuxiodebando .
Sabías que esta protectora recolle animais de 10 concellos da contorna de Santiago?
Importante: no caso de atopar un can ou gato abandonado, a cidadanía non pode achegar directamente os animais ata o refuxio, se non que primeiro debemos contactar co servizo de recollida de animais do concello correspondente e eles encargaranse de levalo a #Bando.
05/08/2024
Xa está dispoñible o punto informativo da colaboración solidaria de @maravallaxabons e @refuxiodebando , onde poderás coñecer de primera man o traballo que están a realizar cos cans e gatos que son abandonados na nosa comarca.
Ademáis, a tenda ubicada na Rúa das Orfas n⁰ 24 será ao longo de todo o mes de agosto un punto de recollida de doazóns:
Alimentos, para cachorros e adultos.
Xoguetes
Transportins
Neste mes de agosto, na tenda de Maravalla está previsto unha recollida de alimentos e materiais esenciais para o coidado dos animais do refuxo. En agradecemento, todas as persoas que se acheguen a realizar unha doazón participarán no sorteo de 4 vales de 25 euros para mercar produtos na tenda.
🔔 Recordade que Maravalla permanecerá pechada do 15 ao 25 de agosto 🔒.
O comercio de Santiago amosa a súa cara máis solidaria co proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades”
02/08/2024 Unha ducia de comerciantes de Santiago veñen de xuntarse nun novidoso proxecto que ten como obxectivo darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias. Baixo o nome “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, a iniciativa permitirá tamén favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude
A través de “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, doce establecementos de Santiago darán a coñecer outras tantas entidades sociais e solidarias ao longo de todo o ano. Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charflas ou obradoiros.
O programa neste mes de agosto chega a Maravalla que porá en valor o traballo do Refuxio de Bando, que non só se encarga de alimentar e coidar aos animais, senón que tamén traballa arreo para atoparlles un novo fogar. Refuxio de Bando, unha organización sen ánimo de lucro xestionada polo padroado da fundación e que conta ca colaboración de persoas voluntarias. O seu programa baséase en tres piares: prevención do abandono (a través da sensibilización social, do control do censo, da esterilización, etc.), promoción de boas prácticas en relación cos animais e fomento de acollidas e adopcións.
En Maravalla, rúa das Orfas, 24 neste mes de agosto, os nosos amigos peludos son os protagonistas da colaboración solidaria da campaña e poderemos atopar un stand informativo do Refuxio de Bando para dar apoio a esta entidade ademáis de recoller doazóns para os animais sen fogar. Maravalla proporciona coidados e mimos desde a zona vella de Santiago, así reza o seu lema: “Somos unha pequena tenda chea de xabóns e cosmética natural para coidarte e aledarche os sentidos”. Maravalla busca afondar no autocoidado sinxelo e con produtos respectuosos coa pel e a contorna. Proporciona un espazo no que atopar xabóns artesanais e cosméticos ecolóxicos.
Os comercios participantes informarán das actividades de cada unha das entidades solidarias a través de diferentes iniciativas como poden ser charlas, distribución de material, ou exposicións. Tamén poderá haber recadación de fondos para as asociacións, a través da venda de produtos vinculados con elas. Como atractivo engadido, poderá haber diferentes vantaxes para a clientela dos establecementos como descontos, agasallos ou sorteos.