Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio 2025

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio 2025

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 03/06/2025

Prazo entrega solicitudes: Inicio 04/06/2025 Fin 06/06/2025

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

https://www.bonosactivacomercio.gal/

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 30 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión no ano 2025 das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B).

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vai proceder á convocatoria, por quinto ano consecutivo, do programa bonos Activa comercio dada a repercusión positiva que tiveron as anteriores edicións do programa na reactivación das vendas no comercio de proximidade galego, facendo posible que numerosas persoas puideran beneficiarse destas axudas.

A finalidade desta edición do programa bonos Activa comercio é continuar estimulando a demanda das persoas consumidoras e incrementar o fortalecemento e a reactivación económica do comercio retallista, promovendo as compras de bens en comercios e paliando o impacto negativo derivado da crise económica, obxectivos estes que, no contexto da actual situación inflacionista, tamén terán un impacto positivo na economía das persoas consumidoras ao poder beneficiarse de descontos nas compras que realicen no seu comercio de proximidade.

ORDE do 19 de maio de 2025 pola que se convoca a primeira edición de 2025 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (código de procedemento CO301B).

Esta orde ten por obxecto convocar a primeira edición de 2025 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (código de procedemento CO301B).

Entidades beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Lugar e prazo de presentación

Prazo de presentación de solicitudes

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 4 de xuño de 2025, ás 9.00 horas, ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000 €.

Lugar de presentación

Para a solicitude e a obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta na web www.bonosactivacomercio.gal indicando a seguinte información:

a. Nome e apelidos.

b. Maioría de idade.

c. DNI ou NIE.

d. Localidade de residencia (código postal).

e. Número de teléfono móbil.

f. Correo electrónico.

ACTIVIDADE SUBVENCIONABLE

Por medio desta orde subvencionarase a compra de bens, a través dos bonos Activa comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa.

As vendas subvencionadas serán as que se realicen nas datas fixadas nas correspondentes ordes de convocatoria de cada unha das edicións do programa bonos Activa comercio.

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 30 € para as compras realizadas nos comercios adheridos. Poderase usar cada bono ata o seu esgotamento ou, no seu caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.

O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada de acordo cos seguintes criterios:

– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.

– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.

– Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Todas estas contías enténdense co IVE incluído.

Os bonos Activa comercio non se poderán utilizar para a adquisición de tarxetas regalo, vales, bonos ou similares.

Entradas relacionadas