Ficha da subvención
Denominación
Subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2024
Convocatoria: Aberta
Data de publicación: 29/11/2023
Prazo entrega solicitudes: Inicio 10/01/2024 Fin 26/06/2024
información, ligazóns e consultas
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Dirección Inega
Xerencia do Inega
Rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5 – San Lázaro
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981953543
Email: inega.info@xunta.gal
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2024 (código de procedemento IN417Z).
1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos do sector servizos dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (código de procedemento IN417Z).
2. Convócanse para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva, segundo o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións para a mellora enerxética (en diante, Bono enerxía peme). As solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro da solicitude, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión das axudas.
Xustifícase a excepcionalidade porque nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial en promover proxectos que fomenten un mellor uso da enerxía e contribúan a paliar a actual carestía dos produtos enerxéticos que, cumprindo os requisitos especificados nas presentes bases, se poidan levar a cabo en Galicia. Así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que os proxectos subvencionables poidan ser atendidos en todo momento, mantendo a posibilidade de solicitude aberta de maneira continuada.
3. As presentes axudas destinadas a empresas incardínanse no réxime de axudas de minimis, establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis; no Regulamento (UE) núm. 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola, e no Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xullo de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.
Neste caso deberase garantir que, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector do transporte de mercadoría por estrada este límite redúcese a 100.000 €. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar os 40.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 20.000 € durante calquera período de tres exercicios.
PERSOAS BENEFICIARIAS
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións da CNAE 2009:
Sector servizos-sección CNAE 2009 | División |
Sección G: comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas | 45 a 47 |
Sección H: transporte e almacenamento | 49 a 53 |
Sección I: hostalaría | 55 a 56 |
Sección J: información e comunicacións | 58 a 63 |
Sección K: actividades financeiras e de seguros | 64 a 66 |
Sección L: actividades inmobiliarias | 68 |
Sección M: actividades profesionais, científicas e técnicas | 69 a 75 |
Sección N: actividades administrativas e servizos auxiliares | 77 a 82 |
Sección P: educación | 85 |
Sección Q: actividades sanitarias e de servizos sociais | 86 a 88 |
Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento | 90 a 93 |
Sección S: outros servizos | 94 a 96 |
2. Os requisitos para obter a condición de persoas beneficiarias deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.
Lugar e prazo de presentación
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes comeza o 10 de xaneiro de 2024 ás 9.00 horas e rematará o 26 de xuño dese mesmo ano.
Lugar de presentación
Sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento IN417Z)