Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” protagonistas no mes de xullo

Departamento de comercio2

A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades”

01/08/2024

No marco da campaña 12 Comercios 12 Sensibilidades, o mes de xullo tivo como protagonistas a Creativas Galegas e á Asociación Avante. Aquí vai un resumo desta iniciativa.

31/07/2024

🚐🌄 Desenvolver actividades no rural é un reto importante, pero en @avanteasociacion fan todo o posible para chegar a todas as persoas usuarias. Cada día percorren 500 quilómetros para garantir que todas poidan participar nas actividades. 🚶‍♀️🌿

💪 Esta dedicación é un exemplo do compromiso de AVANTE coa integración social e o benestar das persoas con discapacidade no rural galego. Non só superan as barreiras xeográficas, senón que tamén crean oportunidades de desenvolvemento e aprendizaxe para todos e todas.

ℹ️ AVANTE foi a protagonista deste mes de xullo da man de @creativasgalegas na campaña do comercio local de Santiago de Compostela #12comercios12sensibilidades. Coa colaboración de @concellosantiago e @comerciostgo.

23/07/2024

👉🏻 Seguimos coa colaboración solidaria do mes de xullo, na que @creativasgalegas está a visibilizar a importante labora da Asociación AVANTE.

🔨📚 A través de talleres de encuadernación, coiro, horticultura e viveirismo… axudan ás persoas usuarias a adquirir habilidades útiles e a prepararse para o mercado laboral. Estes talleres non só ofrecen coñecementos prácticos, senón que tamén fortalecen a autoconfianza e a capacidade de traballo en equipo.

👇 Descubre máis sobre o labor de AVANTE e como contribúen á integración social e laboral das persoas con discapacidade visitando o seu perfil @avanteasociacion

Actividades realizadas polas persoas usuarias de Avante

19/07/2024

👉🏻Continúa ata o domingo 21 de xullo (inclusive) a exposición de manualidades realizadas polas persoas usuarias de @avanteasociacion en @creativasgalegas .

✅ Todo o diñeiro recaudado será doado de forma íntegra a AVANTE!

17/07/2024

🤝Creativas Galegas e a Asociación Avante protagonizan neste mes de xullo a campaña 12 Comercios 12 Sensibilidades

📍 Achégate á sede de Creativas Galegas (Rúa da Caldeirería, 36) e visita a mostra de produtos realizados polas usuarias e usuarios da Asociación de Personas con Discapacidade do Val do Dubra AVANTE.

➡ Hoxe mércores e o venres haberá un grupo de persoas a traballar en vivo na exposición de 11:30 h a 16.00 h.

Non volo perdades! 😉

🚀 Avante leva máis de 40 anos traballando incansablemente polos dereitos e a integración das persoas con discapacidade nas comarcas de Santiago, Ordes, A Barcala e Xallas.

📅 Ata o 21 de xullo pódese coñecer de primeira man a esta asociación, a través da exposición e venda de produtos elaborados por usuarias e usuarios de @avanteasociacion no local de @creativasgalegas . Agardámosvos!

12/07/2024

📸 María Rozas visitou o mércores o establecemento de @creativasgalegas para coñecer a exposición de produtos creados polas persoas usuarias de @avanteasociacion . Tamén loubou a iniciativa, que fai parte do programa “12 comercios, 12 sensibilidades”,

Xa se pode visitar na sede de Creativas Galegas a mostra de produtos realizados polas usuarias da asociación de persoas con discapacidade Avante.

📆 A exposición mantense ata o vindeiro domingo 21 de xullo, e os próximos luns, mércores e venres, un grupo de usuarias estará traballando en directo de 12.00 a 16.00 h no local da rúa da Caldeirería n⁰26.

✅ Todo o diñeiro recaudado será doado de forma íntegra para a AVANTE 🥰.

08/07/2024

📆📌 Do 9 ao 21 de xullo, Creativas Galegas acolle unha exposición e venda de produtos elaborados por usuarios e usuarias de Asociación Avante (Asociación de Personas con Discapacidade do Val do Dubra AVANTE).

👉🏻 Durante ese periodo, os luns, mércores e venres haberá un grupo de persoas a traballar en vivo na exposición de 11:30 h a 16.00 h. Non vola perdades!!

✅ Todo o diñeiro recaudado será doado de forma íntegra a AVANTE! 🥰

Tenda física de Creatividades Galegas e traballos das persoas usuarias de AVANTE
O comercio de Santiago amosa a súa cara máis solidaria co proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades”

02/06/2024 Unha ducia de comerciantes de Santiago veñen de xuntarse nun novidoso proxecto que ten como obxectivo darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias. Baixo o nome “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, a iniciativa permitirá tamén favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.

A través de “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, doce establecementos de Santiago darán a coñecer outras tantas entidades sociais e solidarias ao longo de todo o ano. Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charflas ou obradoiros.  A campaña de economía circular do comercio local chega así ao seu ecuador con moita forza e unha gran acollida por parte da cidadanía de Santiago de Compostela. Grazas a todas e todos polo apoio! Continuamos!

O programa neste mes de xullo chega á Creativas Galegas que dará visibilidade a @avanteasociacion, Asociación de Personas con Discapacidade AVANTE, en Niveiro, Val do Dubra, que foi fundada en 1982 é unha a asociación sen ánimo de lucro que ten como fin promover e coordinar a defensa dos dereitos e intereses das persoas con discapacidade e os das súas familias, así como propulsar, na maioría do posible, a inserción social do colectivo. A asociación ofrece principalmente tres servizos: un centro de día, un centro ocupacional e unha vivenda tutelada.  Avante tamén executa actividades de carácter máis xeral, como brindar información e asesoramento, dirixido tanto a persoas con discapacidade como ás súas familias, profesionais e a sociedade, en xeral; e a sensibilación social, informando e achegando a discapacidade á poboación xeral, aos colectivos e ás administracións públicas, informando acerca das necesidades e particularidades das persoas con discapacidade; así como actividades de lecer e tempo libre, transporte adaptado etc. 

Creativas Galegas,  na rúa  da Calderería, 36, ao longo deste mes,  vai da a coñecer a esta entidade contando no seu local cun punto informativo sobre esta colaboración solidaria e cunha exposición e venda de produtos elaborados por usuarios e usuarias da asociación do 9 ao 21 de xullo. Todo o diñeiro recaudado será doado de forma íntegra a AVANTE!.

O Mercado Galego da Creatividade é un colectivo conformado por pequenas marcas do ámbito cultural e creativo de Galicia. Agrupa a profesionais da artesanía, a arte, a cultura, o deseño galego e selectos produtores, quen colabora para preservar as tradicións e promover a creatividade local. Este proxecto fomenta o traballo artesanal e o deseño de alta calidade, todo dentro dun marco de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) xenuíno. Creativas Galegas é a marca paraugas que reúne, acolle, impulsa e dá visibilidade a todas estas persoas profesionais para crear e deseñar en Galicia produtos e servizos de calidade. Este comercio da zona vella de compostelá,
acolle a exposición, venda, realización de obradoiros e traballo en directo baixo a marca @creativasgalegas e podemos atopamor desde obras de arte, produtos artesanais dos diferentes sectores e oficios ata obras literarias escritas en galego.

Os comercios participantes informarán das actividades de cada unha das entidades solidarias a través de diferentes iniciativas como poden ser charlas, distribución de material, ou exposicións. Tamén poderá haber recadación de fondos para as asociacións, a través da venda de produtos vinculados con elas. Como atractivo engadido, poderá haber diferentes vantaxes para a clientela dos establecementos como descontos, agasallos ou sorteos.

Recordámosvos as próximas citas do calendario de 12 Comercios, 12 Sensibilidades 👇
 
 
📅 Setembro
🫶 Daquí Darredor
Cartaz de xullo

Entradas relacionadas