Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025 protagonistas no mes de setembro

12c12slogocomer (1)

A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025

O comercio de Santiago MOSTRA O SEU COMPROMISO SOCIAL coa volta do proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025

03/09/2025

Co mes de setembro chega unha nova colaboración da campaña 12 comercios 12 sensibilidades, que se centrará en dar visibilidade ao coidado de animais abandonados. Para iso contaremos con dúas novas entidades protagonistas: a tenda Maravalla e o Refuxio de Bando.

O Refuxio de Bando é unha organización sen ánimo de lucro que se encarga de recoller, acoller e protexer a animais perdidos ou abandonados. Deste xeito, a súa labor complétase coa busca de novos fogares para os animais e co fomento dunha tenencia responsable. As instalacións atópanse na parroquia compostelá homónima.

Pola súa banda, Maravalla é unha tenda de beleza, cosmética natural e coidado persoal situada na Zona Vella de Santiago, na Rúa das Orfas.

Este é o segundo ano que se leva a cabo a iniciativa 12 comercios, 12 sensibilidades. Con ela, traballamos na visibilidade de entidades solidarias ao tempo que impulsamos o fluxo de persoas entre pequenos establecementos composteláns do comercio local. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.

Os próximos meses continuaremos coa campaña con novas colaboracións: 

Entradas relacionadas