Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025 protagonistas no mes de outubro

12c12slogocomer (1)

A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025

O comercio de Santiago MOSTRA O SEU COMPROMISO SOCIAL coa volta do proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025

02/10/2025

A campaña 12 comercios 12 sensibilidades continúa en outubro con dúas novas entidades protagonistas: a tenda Mimolett e a Fundación Andrea.

A Fundación Andrea traballa para brindar soporte ás familias con fillos/as con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais. Céntranse en familias con escasos recursos que atopan na entidade apoio económico, moral, informativo ou de calquera outro tipo que precisen.

Pola súa parte, Mimolett é unha boutique feminina situada na rúa do Xeneral Pardiñas. A súa oferta céntrase en roupa de rúa, festa e complementos.

Ademais do punto informativo sobre a fundación que se pode atopar durante todo o mes en Mimolett, e do tradicional sorteo; a cidadanía poderá unirse ás actividades que se organizarán durante o mes coa cativada como protagonista.

O venres 3 e o mércores 15 de outubro levarase a cabo unha actividade de busca do tesouro nas proximidades de Mimolett. Nela, a cativada deberá atopar o cascabel, símbolo da Fundación Andrea, agochado en distintos puntos da rúa. O premio, un patinete. Ademais das protagonistas da campaña, a actividade conta coa participación doutros establecementos da zona.

Por outra banda, do 17 ao 29 de outubro, nenos e nenas poderán participar cos seus debuxos nun concurso para elixir a tarxeta de Nadal da fundación.

A iniciativa 12 comercios, 12 sensibilidades repite por segundo ano consecutivo. Coa campaña búscase dar visibilidade a entidades solidarias e, ao mesmo tempo, impulsar o fluxo de persoas entre pequenos establecementos composteláns do comercio local. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.

Os próximos meses continuaremos coas últimas colaboracións desta edición:

Entradas relacionadas